O pasado sábado 16 de marzo unha comisión de tres ardóbrigos desplazámonos ata A Coruña para falar coa persoa que fixo a primeira prospección arqueolóxica no xacemento de A Ínsua, en Boebre. Don Gonzalo López López (Pontedeume 1939), sacerdote que foi profesor na Academia Luis Vives de Pontedeume entre 1968 e 1973.
Don Gonzalo realizou esa primeira prospección o ano 1968 ou 69 na compaña de D. Salvador Ares Espada, Dr. en Hª da Arte, e máis D. Agustín Caamaño, daquela cura párroco na de Santiago de Boebre. Os tres homes cultos e coñecedores dos achados do torques e da Vila de Centroña e sabedores da existencia de restos romanos pola parte de Sopazos. Ademáis estaban ao tanto da antigüidade de moitos dos topónimos da contorna ártabra.
Decidiron que había que rexistrar gráficamente eses xacementos e dispuxéronse a facer unha prospección ocular pola costa dende Pontedeume ata Boebre. Os tres planificaron unha espedición polas penas de A Macuca adiante como tres adiantados da, aínda por nacer, asociación Ardóbriga.
Atoparon restos romanos en todo o percorrido, sobradamente tégula romana e tella visigoda, ademáis de restos de paramentos pétreos, os mellor conservados os de Sopazos. A sorpresa chegou cando chegaron á punta Carboeira e, nunha leira recén traballada, atoparon unha sepultura que o arado deixara ao descuberto. Limparon os restos cunhas brochas que levaban e observaron un enterramento moi semellante ao atopado por nós na intervención do 2011: ausencia total de exoval, perímetro da foxa de chantos pétreos e orientación coa cabeza ao Oeste. Fixeron fotos e debuxos e llos entregaron a Chamoso Lamas, que daquela traballaba na restauración da igrexa de San Xoan de Vilanova en Miño, por ver se se interesaba pola xaciga e se poidese facer algo. Pero a cousa quedou ahí, o material gráfico en paradoiro descoñecido, a leira estaba plantada na seguinte excursión e non puideron ver nada máis. Ata a intervención de Don Agustín con nenos de Boebre nos anos 70, pero iso é outra historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario